Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén aproba uns orzamentos de case 1,9 millóns de euros

pazos

Unhas contas municipais para o 2021 que segundo o alcalde, Andrés Iglesias “son unha previsión responsable no gasto” consciente da realidade social que vivimos coa pandemia. As contas rexistras rexistran un aumento xeneralizado na maioría das partidas, principalmente as centradas nos servizos sociais, e un descenso xeneralizado dos gastos, como o da iluminación pública derivado da instalación de luces led en varias parroquias.

A previsión ascende a un total de 1.862.200 euros, sen ter en conta as posibles subvencións procedentes doutras administracións. Un orzamento que respecto ao ano pasado afronta unha redución de 63.000 euros pola oscilación á baixa na participación nos tributos do estado e pola redución de ingresos provenientes do polígono industrial de Amoedo.

A partida que máis aumenta é a destinada a sufragar os gastos de Igualdade e Servizos Sociais, que aumenta en 10.000 euros para incrementar o apoio aos veciños ante a situación de crise orixinada pola pandemia. Do mesmo xeito, auméntase en 8.000 euros a destinada a educación e cultura. No apartado de investimentos mantense o compromiso de reparar e acondicionar camiños veciñais cunha dotación de 130.000 euros e a de fomento de emprego cunha partida de 70.000 euros.

Por outra banda, tamén hai partidas que se reducen, como a destinada ao gasto eléctrico da iluminación pública municipal que diminúe en 60.000 euros. Un aforro derivado da renovación de luminarias e a instalación de novos farois con tecnoloxía led. Igualmente descende en 11.600 euros a dotación destinada a sufragar os gastos financeiros tras o descenso no endebedamento municipal. Por último, redúcense 4.000 euros os gastos destinados aos órganos de goberno.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará