Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mellora da estrada ao Aeroporto e a renovación do Coto Wagner, entre as demandas do BNG aos orzamentos do Estado

coto wagner

Os nacionalistas formulan tamén outros investimentos na rotonda dos Valos, na seguridade viaria no Alto dos tras ademais dunha saída para Chapela na AP-9 en sentido descendente dende Puxeiros. Unhas actuacións que suporían máis de 8 millóns de euros, entre os que destacan os sete que se destinarían á mellora da estrada entre Redondela e Peinador.

Os arranxos na rede viaria son os investimentos máis importantes dos demandados polo BNG para a súa inclusión nos orzamentos do Estado. A mellora da estrada ao aeroporto “cun trazado moi sinuoso e cinco quilómetros de lonxitude que atravesan varias parroquias, cun trazado moi sinuoso, carente de beirarrúas e con numerosos cruzamentos moi perigosos en Cabeiro, Vilar, Negros, ou Cedeira” é unha das demandas do Bloque así como a construción dunha rotonda no Alto dos Valos e que tería un custe de 600.000 euros.

Máis aló das actuacións nas estradas do concello solicitan tamén un investimentos de 500.000 euros para acometer obras de mellora no Cargadoiro Coto Wagner en Rande. Neste sentido presentaron unha emenda co fin de que o goberno español colabore no seu mantemento e deter así as pretensións da Autoridade Portuaria de derrubalo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará