Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente valora expedientar a Urbaser polos incumprimentos no contrato

urbaser

O Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, recoñece que dende a súa chegada ao goberno están a traballar por un servizo que non se está a realizar como debería “hai partes do contrato coa Concesionaria que non se puxeron en marcha nin se executaron malia estaren contempladas a súa realización dende o ano 2007”.

Outras das problemáticas fai referencia a falta de persoal que conleva prexuizos para a veciñanza “hai un problema de falta de persoal e iso supón que algunhas rutas non se cubran como deberían, que non se laven os contedores tal e como está pactado por contrato ou se produzan deficiencias na recollida de voluminosos”.

O edil de Medio Amibente, Roberto Villar fala das deficiencias no servizo

Unha situacións que quedaría parcialmente resolta logo de que nas últimas semanas Urbaser procedera a contratar a dous traballadores a maiores “con todo foron contratacións temporais” polo que non se resolvería o problema a longo prazo.

Recoñece Villar que a comunicación coa dirección da empresa non é boa “porque non vemos dispoñibilidade pola súa parte para acatar os requerimentos do concello para que a situación mellore” motivo polo que se está traballando en expedientes para ver que medidas adoptar coa empresa concesionaria “ante os incumprimentos do servizo”.

Estase traballando en diferentes expedientes a empresa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará