Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novembro sen feirantes

feira

O mes de setembro queda sen as tradicionais feiras dos día 6 e 21. Malia que nun primeiro momento dende o Concello anunciaran só a suspensión da feira do pasado día 6 finalmente decide cancelar tamén a que debía celebrarse o vindeiro sábado día 21. Está no aire unha das máis multitudinaria e comerciais de todo o ano, a que se celebra o día da Constitución, o 6 de decembro e que queda “a expensas da evolución da covid e dos novos escenarios que se poidan dar”. Unha medida adoptada tamén polo concello veciño de Soutomaior que decidiu suspender as dúas feiras de novembro e que non descarta manter a prohibición no vindeiro mes.

As novas directrices da Xunta para a celebración deste tipo de actividades, cun número de postos non superior ao 50% e limitacións na afluencia de público para garantir o distanciamento social, obrigan a suspender estes mercadiños ante a imposibilidade de cumprir algún destes requisitos. Agora estudan alternativas de ampliación de espazo e control de aforo para o mercado do día 6 de decembro, un dos que tradicionalmente contan cun maior número de visitantes, compradores e feirantes, ao coincidir co festivo do Día da Constitución.

Lembramos que a día de hoxe continúan en vigor os requisitos aprobados pola xunta que limitan o aforo de clientes e tamén de vendedores. O concello de Redondela considera que “ao decidir que postos se poden colocar ou cales non, estaríase a provocar un agravio comparativo con aqueles que, por decisión do goberno local, non poderían estar presentes na feira”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará