Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela contará cunha Oficina de Xestión Tributaria dende este mércores

recadacion

Os veciños de Chapela xa non terán que achegarse ata o casco urbano de Redondela para facer xestións relacionadas coas taxas e os impostos municipais. Esta semana, o 18 de novembro, abre unha oficina de Xestión Tributaria e Recadación no número 19 da Avenida de Redondela con atención presencial os mércores en horario de 9.00 da mañá ás 14.00 horas. A atención, mentres dure a pandemia, será só con cita previa.

O Concello habilita unha nova Oficina de Xestión Tributaria e Recadación en Chapela, co obxectivo de “evitar desprazamentos innecesarios aos veciños da parroquia máis poboada do municipio, axilizar os trámites e achegar á administración á cidadanía”. Ata o momento todos os redondeláns que tiñan que facer algunha xestión relacionada con taxas e impostos presencialmente tiñan que achegarse ata a oficina situada na Avenida Ernestina Otero, 35.

Nestas novas instalacións, situadas nos baixos do pavillón de Chapela, poderán facerse todas as xestións relacionadas cos tributos, como o rexistro e presentación de solicitudes e instancias de ámbito tributario, emisión e/ou domiciliación de recibos, fraccionamentos, liquidación de taxas, ou calquera outra xestión que teña relación cos impostos e taxas municipais.

Unha oficina que terá atención presencial un día a semana, os mércores en horario de mañá (9.00 a 14.00) aínda que por mor da situación sanitaria e mentres dure a pandemia será preciso solicitar cita previa no teléfono de Atención ao Contribuínte, 986 408 374, ou no enderezo de correo electrónico, redondela@canaltributos.com.

Por mor da COVID-19 e para garantir a seguridade da cidadanía, o Concello recomenda que se utilice a Oficina Virtual, https://redondela.tributoslocales.es, a vía telefónica ou o correo electrónico ademais da domiciliación dos impostos e taxas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará