Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O peche da hostalaría arrastra a outros sectores en Redondela

HOSTALARIA

As restriccións por mor da pandemia, que só permiten a atención en bares e restaurantes con comida ou bebida para levar, está a supoñer un duro pau para a economía local. O peche non afecta só aos hostaleiros, senón tamén a outros moitos sectores. As vendas de carne, peixe e marisco baixaron ata un 70% en pequenos establecementos de Redondela.

Bares, cafeterías e restaurantes teñen prohibida a apertura dos seus negocios desde o pasado 7 de novembro en Redondela. Tan só poden abrir para a venda de comida e bebidas para levar, ou reparto a domicilio, unha alternativa pola que optaron algúns destes negocios. Cafeterías ou taperías como a de Alfredo seguen ofrecendo aso seus clientes café ou comida para levar, pero cun horario máis restrinxido e menos empregados. Este autónomo “aguanta o tirón”, pero cos seus 7 traballadores en ERTE, e agradece o compromiso de moitos dos seus clientes, que seguen facendo gasto no local “para colaborar”.

No local de Alfredo sirven café e comida para levar

Outro tipo de establecementos, como as pizzerías, non notaron tanto a caída de ventas. Jenny, que traballa nun destes locais no centro da vila, sinala que son moitos os clientes que seguen facendo os seus encargos para levar. Sainala que aínda que a facturación “baixou algo”, seguen o mesmo número de empregados e confían e superar a situación grazas á colaboración dos clientes.

Nas pizzerias manteñen a actividade coa recollida de pedidos no local

Logo de 9 días, o peche da hostalaría déixase notar noutros moitos sectores da economía local. Carnicerías, vendedores de peixe e marisco, froiterías e outros establecementos viron moi reducidos os seu volume de ventas. Nótase especialmente na praza de abastos de Redondela, onde moitos hostaleiros mercan produto fresco e de calidade para servirlle aos seus clientes. José Luis, carniceiro do mercado, calcula que agora vende só “unha cuarta parte” do que despachaba antes do peche de bares e restaurantes.

Na carnicería da praza as vendas baixaron un 75% co peche da hostalaría

O mesmo balance fai Daniel, vendedor de marsico. Advirte que, malia que aumentou algo a venda a particulares “non compensa a perda da hostelaría”. A caída é dun 70% aproximadamente, xa que os seus clientes do sector da restauración están pechados.

A venda de marisco cae en picado ao estar pechados os negocios de restauración da zona

Tanto na hostalaría como no resto do comercio confían en que este peche decretado para o mes de novembro sirva para mellorar a situación sanitaria, e que poidan recuperar a actividade en decembro. Agardan que celebracións como a ponte da Constitución e o Nadal sirvan para recuperar algo a maltreita situación económica que lles está a deixar este ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará