Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CUT denuncia o “recorte de persoal sen precedentes” en Urbaser malia o incremento no traballo

lixo

Explican dende o sindicato que se ten producido un incremento notable nalgúns dos servizos e poñen como exemplo a “suba esaxerada na recollida de voluminosos”, un traballo que realiza un único operario “malia terse incrementado un 75% en frecuencias e toneladas”. Ante esta situación anuncian unha campaña de acción sindical sen descartar a vía da denuncia.

A  sección sindical da CUT en Urbaser Redondela denuncia que os traballadores da recollida do lixo despois de traballar durante o COVID 19  e malia aumentar considerablemente o volume de traballo, están a padecer “un recorte de persoal que non ten precedentes dende o inicio  desta concesión municipal”.

O feito de seren menos persoas traballando, ademais do sobre esforzo,  pode derivar segundo denuncian “en que non se podan realizar tódalas labores ou coa mesma celeridade”. A empresa, lonxe de recoñecer o esforzo realizado a exposición durante a pandemia “esta a incrementar unha política de aforro que dubidamos teña repercusión na factura que paga o Concello”.

Apuntan concretamente o acontecido no servizo de recollida de voluminosos, que realiza un só operario e que aumentou un 75%, en frecuencias e toneladas, así como tamén o incremento significativo tanto en volume como en recorrido do reciclaxe, sobre todo de envases. Algo que non se traduce nun incremento de persoal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará