Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG insta á Xunta á reforma urxente da Av. Mendiño e a PO-250

mendiñoradioredondela

Unhas obras que foran presentadas en 2019 pola conselleira Ethel Vázquez en Redondela, pero das que segundo denuncia a alcaldesa, non teñen aínda o convenio definitivo. O PsdeG presentou no Parlamento Galego dúas preguntas nas que cuestionan á Xunta se van incluír unha partida nos orzamentos de 2021 para executar estas obras e se van remitir o convenio da reforma da Avenida Mendiño de forma urxente ao Concello de Redondela.

Deputada Leticia Gallego. Preguntas parlamentarias

A deputada socialista Leticia Gallego e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto aos concelleiros Vicente Lamas e Alberto Álvarez, visitaron este luns a Avenida Mendiño para comprobar a situación na que se atopa esta vía. Baldosas e pavimento levantados, grandes fochas no aparcadoiro e mobiliario deteriorado, son algunhas das deficiencias que presenta esta estrada. Unha “situación de inxustiza e vergoñenta” segundo apunta a alcaldesa de Redondela, quen destacaba que estas eivas supoñen un perigo para peóns e vehículos, nunha das vías máis transitadas pola veciñanza, por atoparse nas súas proximidades varios centros educativos, o pavillón, a piscina municipal, así como o centro de saúde.

Alcaldesa Digna Rivas. “Unha vergoña a situación da Av. Mendiño”

Instan á Xunta de Galicia a remitir de modo urxente o convenio ao Concello de Redondela, xa que a administración local enviou o texto con algunhas modificacións xurídicas e incorporacións, no mes de abril á Axencia Galega de Infraestruturas e sete meses despois aínda non obtiveron resposta. Motivo polo cal, “non hai unha partida orzamentaria xa que non se conta co convenio definitivo”, engade a rexedora local, quen lembra que a remodelación desta vía foi xa presentada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en febreiro de 2019.

Rivas asegura que non hai partida orzamentaria porque aínda non lle remitiron o convenio

Un proxecto, cun orzamento superior ao 1,5 millóns, no que se contemplaba a reforma da PO-363 dende o scalextric ata o porto de Cesantes, a construción dunha rotonda no cruzamento coa N-550, o ancheamento das beirarrúas e a elevación dos pasos peonís ademais da instalación de semáforos, a mellora da iluminación e o mobiliario urbano.

O Concello de Redondela e o PsdeG piden á Xunta que inclúa tamén unha partida nos orzamentos de 2021 para a mellora da seguridade viaria na estrada de Pazos de Borbén, a PO-250, polo perigo que supón para os peóns e pola caída dun muro expropiado. Esíxenlle o arranxo urxente destas dúas estradas de titularidade autonómica ante o risco que supoñen para a veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará