Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos e Fornelos, oasis verdes nunha provincia en vermello

coronavirus10

Dous concellos pequenos, rurais e máis lonxe da vida urbanita que Redondela e Soutomaior logran resistir e manteñen a cor verde que os identifica como municipios libre do coronavirus. Unha situación que podería mudar en calquera momento, pero que polo de agora parece unha constante na bisbarra. Fornelos chegou entrar en alerta amarela, pero leva días sen contabilizar ningún caso  positivo entre os seus veciños. Pazos de Borbén, con máis habitantes, logrou ata o momento, manterse no nivel epidemiolóxico máis baixo.

Pazos de Borbén e Fornelos quedan foran das restricións que afectan aos veciños de Redondela e Soutomaior. No primeiro caso enmarcados no peche perimetral xunto cos concellos de Vigo, Nigrán, Mos, Porriño e Gondomar, só nos podemos mover libremente entre eses concellos, precisando dun permiso por cuestións médicas, laborais ou de estudos para viaxar fora deses límites. Mesma situación para os veciños de Soutomaior malia que neste caso as limitacións de movementos delimita conxuntamente os concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.

Uns municipios que viron tamén como na madrugada do sábado se paralizaba en gran medida o sector da hostalería e ven restrinxidos as súas reunións e contactos sociais aos conviventes.

Medidas das que se libran, polo de agora, os concellos con menos índice de contaxios, entre lees Pazos e Fornelos, que logran manterse no nivel verde, é dicir, libres de positivos entre os seus veciños. Situación que poderían mudar rapidamente, xa que un único contaxio xa os faría entrar na alerta un.

Neste sentido, dende o Concello de Pazos xa emitiron un comunicado agradecendo aos veciños o seu comportamento exemplar e animando a extremar as precaución “sexamos máis cautelosos ca nunca, xa que os concellos limítrofes están con máis restricións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará