Hoxe é Xoves 3 de Decembro de 2020

Cortes de luz nas madrugadas do martes e mércores en Redondela e Cedeira

corteluz

A Concellaría de Medio Ambiente da traslado dun anuncio de corte de electricidade para a noite do 10 e 11 de novembro en diversas rúas do casco urbano de Redondela e na parroquia de Cedeira provocados polas obras de mantemento da rede eléctrica a cargo da empresa UFD Distribución de electricidad s.a.

O corte de subministro eléctrico na madrugada do 10 de novembro producirase entre as 0:30 a 2:30 horase afectará ás rúas Barrio Cruceiro, Estrada do Cruceiro, Avenida do Alvedosa e Avenida Estación, Camiño do Cairo, Estrada Rande, Estrada Estación, Estrada de Vigo e Outide de Abaixo, Subida a Estación Vella, Canudo, José Regojo e Outide de Arriba. Na mesma madrugada pero en horario de 3:00 a 6:00 as zonas afectadas serán Rúa da Prata, Praza Santiago Apostol, Riberia, Avenida Mendiño, Santa mariña, Paseo da Xunqueira, Praza Constitución e Xeneral Rubín.

O 11 de novembro os cortes están previstos entre as 3:30 a 6:00 no Barrio de Fortóns, Camiño dos Salgueiros, Pai Crespo, Praza Ponteareas, Prego de Montaos, Camiño da Silveira de Canaval, Camiño da Tafona, Estrada Aeroporto, José Regojo, Rabadeira e Canabal.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *