Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior elimina o imposto pola instalación de terrazas e conxela o resto das taxas municipais

terraza

O Concello vén de facer pública unha nova conxelación de taxas municipais para o próximo ano. Unha medida que o goberno local adoptou en 2013 co obxectivo de conter a presión fiscal sobre os veciños durante a crise económica e que agora se mantén para paliar no posible as consecuencias económicas derivadas da pandemia.

Impostos como a rodaxe dos vehículos, rede de sumidoiros, vaos de aparcadoiro, obras e todos os derivados de ordenanzas fiscais municipais manterán o seu importe un ano máis para reducir a presión fiscal sobre os contribuíntes, especialmente importante nesta situación de crise. Desta maneira os nosos veciños pagarán en 2021 o mesmo que en 2013, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.

Tamén se manterá a eliminación total da taxa aplicada á hostalaría pola instalación das súas terrazas. “Un elemento que actualmente supón un salvavidas para a hostalaría e que é fundamental para apoiar a este sector tan maltratado durante a pandemia” explica Reguera.

Ademais da conxelación de todas as taxas municipais, o Concello de Soutomaior aprobou nun pleno extraordinario a baixada dun 10% na taxa por tratamento, transporte e eliminación de residuos urbanos. Unha taxa, incluída no recibo de recollida de lixo, que será recortada grazas aos esforzos do municipio para aumentar a súa taxa de reciclaxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará