Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os colexios e institutos de Redondela (practicamente) libres de coronavirus

ies mendiño

Entre o alumnado dos colexios non hai confirmado, a tenor do publicado pola Consellería de Sanidade, ningún contaxio activo e nos institutos hai tan só tres positivos confirmados por PCR, un no IES de Chapela, outro no Illa de San Simón e un terceiro no Instituto Mendiño. Unha incidencia pouco significativa para unha comunidade educativa moi elevada con catro institutos e 12 centros de infantil e primaria.

Neste sentido o director do Mendiño, José Antonio Martínez apunta que “institutos e colexios son os sitios máis seguros nos que se pode estar”. Confirma o positivo detectado no seu centro e insiste en que se puxeron en marcha os protocolos de cara a localizar os contactos directos da persoa contaxiada.  “Con nós púxose en contacto a Consellería para pedirnos os contactos estreitos da persoa que deu positivo e, no mesmo día, puxéronse en contacto con eles os rastrexadores”. Non así co resto do alumnado cuxa comunicación vai más lenta.

Os centros educativos están a demostrar qeu son centros seguros

Sobre a adaptación do centro ás novas medidas educativas e ao protocolo antiCovid da Xunta, recoñece que logo de máis dun mes de clase tanto profesores como alumnos están adaptados “pensabamos que ía ser máis complicado do que realmente foi, malia que temos que lamentar que esta situación nos limite moito á hora de programar actividades colaborativas ou que esixen o contacto nas aulas, pero o prioritario é a saúde”.

José Antonio Martínez asegura que as clases desenvónvense con normalidade malia os protocolos antiCovid

Apunta tamén que o respecto do alumnado polas normas é total “dentro do Centro cumpren todas as medidas sanitarias, outras cousa é fóra” en referencia ao que se pode ver en espazos como a pista de skate “temos que ser moi pedagóxicos para que entendan que a situación esixe que manteñan as distancias en todos os ámbitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará