Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende a feira deste venres e no aire a do día 21

feira

As novas directrices da Xunta para a celebración deste tipo de actividades, cun número de postos non superior ao 50% e limitacións na afluencia de público para garantir o distanciamento social, obrigan, segundo explica o Concello, a suspender a feira que se ía celebrar o 6 de novembro ante a imposibilidade de cumprir algún destes requisitos. Agora estudan alternativas de ampliación de espazo e control de aforo para o mercado do día 21, que estará supeditado á evolución da pandemia.

Entre os novos requisitos que se veñen de publicar no DOG, a Xunta establece que “as feiras non poderán superar o 50 % dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de xeito que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal”. Para compensar esta limitación “os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio da actividade”. Tamén se establece que “á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, os concellos poderán dar prioridade a aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade, asegurándose que os consumidores non manipulen os produtos comercializados neles”.

O concello de Redondela considera que “ao decidir que postos se poden colocar ou cales non, estaríase a provocar un agravio comparativo con aqueles que, por decisión do goberno local, non poderían estar presentes na feira do día 6”. En canto a ampliación do espazo no que se celebra a feira, recoñecen que en Redondela teñen “pouca marxe de manobra á hora de buscar alternativas” xa que suporía establecer medidas de control de afluencia para evitar unha situación de risco tanto para os veciños como para os vendedores.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, aseguran que a suspensión da feira deste venres “é unha medida necesaria ante unha situación excepcional como a que estamos a vivir nestes días en pleno repunta da pandemia”. No caso da feira do día 21 de novembro, explican que estudarán posibles alternativas tanto de ampliación na localización dos postos como de control do número de asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará