Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito F.S. prepara o inicio de liga en Terceira Nacional

CapitoSenior

Tras moitos meses afastados da competición, o equipo de Chapela comezará a liga o 15 de novembro ante o Baíña. Despois de acadar o ascenso enfróntase a unha temporada “moi diferente” por mor da crise sanitaria. Este domingo xogarán o seu primeiro amigable da pretemporada ante o IES Coruxo, ás 20.30 horas no pavillón González Soto, a porta pechada.

O club de Chapela estrea categoría, e faino con moita ilusión e traballo, segundo afirma o seu presidente Iago Fernández. Será unha liga moi diferente, na que deberán adaptarse non só á esixencia da Terceira División, senón tamén a todos os protocolos derivados da pandemia de coronavirus. Contan cun equipo “moi xoven” no que mesmo incorporan a algúns xogadores xuvenís.

Iago Fernández, presidente do Campito

A Federación establece dous grupos nesta categoría, e o Chapela F.S, está no sur, no que debería competir co Pazos de Borben FS, malia que o equipo de Pazos medita a súa retirada pola crise sanitaria da Covid. Unha decisión que Fernández “entenden e respecta” debido á responsabilidade que supón para os clubs amateurs competir condicionados pola pandemia. Outro dos conxuntos que medita non saír a competir é o Baíña, que sería o primeiro rival do Campito esta temporada.

Varios equipos rexeitan comezar a competición pola crise sanitaria

No club de Chapela todos os xogadores e corpo técnico pasou as probas con test e deron negativo á Covid-19. O compromiso dos equipos desta categoría é facer estas probas cada semana. Tamén seguen un estricto protocolo nos adestramentos, co uso de máscara e mantendo a distancia de seguridade. Ata o de agora a situación sanitaria non lles permitiu disputar ningún partido amigable, o primeiro será este domingo ante o IES Coruxo. Será unha boa ocasión para “testar” como está o equipo antes de comezar a competición oficial. O partido será ás 20.30 no pavillón Manuel González Soto, a porta pechada.

Categorías base

A federación galega de fútbol fixo entrega dos diplomas que acreditan ao equipo Infantil Galega Masculino e Cadete Feminino Galega campións de Liga Galega Sur da tempada pasada. Unha gran tempada de ambos os equipos, que mostraron a súa superioridade na pista durante os meses de competición. A base é “moi importante” para o club, pero os máis pequenos non poderán volver aos adestramentos polo de agora. Ademais do equipo sénior regresaron ao traballo o xuvenil de Liga Galega e o cadete de División de Honra. O resto de equipos, para os que non haberá competición, o club descarga polo de agora recuperar os adestramentos “non é doado compaxinar a práctica deportiva dos rapaces coa seguridade”.

Para o club esta nova temporada está a supoñer tamén un gran esforzo económico. O incremento dos gastos, cos test da Covid-19 e outro material de prevención, xunto coa diminución dos ingresos por publicidade e fichas está a facer que sexa un ano “aínda máis complicado”. Con todo, Fernández agradece a colaboración da Federación e o Concello de Redondela, que están a poñer “todo o que está na súa man” para que a práctica do deporte sexa “o máis segura posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará