Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas aplaude a eliminación dunha “peaxe inxusta” e o BNG lembra que é froito da súa presenza no Congreso

peje google

O Concello de Redondela amosa a súa satisfacción polo anuncio do Goberno do Estado de incluír nos Orzamentos Xerais unha partida de 1,5 millóns de euros para a supresión da peaxe Redondela-Vigo, “unha peaxe a todas luces inxusta e que as e os redondeláns tivemos que sufrir durante moitos anos”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas. Satisfacción tamén nas filas nacionalistas “polo acordo acadado polo seu deputado, Néstor Rego co goberno do Estado, que recollía as bonificacións na AP-9 como unha das esixencias do BNG ao goberno para apoiar a investidura de Pedro Sánchez”.

Os nacionalistas consideran enormemente positivo para o conxunto da veciñanza que unha das “demandas históricas do conxunto de Redondela , se materialice nos Orzamentos do ano 2021”. Despois de anos de anuncios publicitarios, dende a organización nacionalista consideran que se “da un paso en firme para eliminar unha peaxe totalmente discriminatoria”. Entenden que moitos veciños e veciñas que se desprazan a diario empregando a Autoestrada, tanto a Vigo como a Puxeiros, xa non terán que pagar a Peaxe de Rande.

Consideran que a presenza do BNG no Congreso, xunto a un goberno en minoría, permite dialogar, e chegar a acordos, o que servíu para introducir esta Proposta. Pola súa banda, o voceiro municipal, Xoán Carlos Gonzalez recoñece o importante papel desenvolvido polas asociacións de veciños de Chapela e Trasmañó, quen convocaron a unha importante mobilización en contra da Peaxe en febreiro do 2019.

Dende o goberno local poñen en valor as negociacións levadas a cabo nos últimos meses con reunións con responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, (MITMA) nas que se reclamou “a necesidade de eliminar unha peaxe fondamente inxusta e que condicionaba non só a mobilidade das veciñas e veciños senón tamén o propio desenvolvemento do municipio”.

As xestións realizadas polo Goberno de Redondela no que era un dos obxectivos prioritarios do seu programa “míranse reflectidas agora nesa partida de 1,5 millón de euros” que permitirá, dunha vez por todas, poñer fin a unha peaxe “que era todo un despropósito e un agravio comparativo para a cidadanía de Redondela”, afirma o Executivo local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará