Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derbi do balonmán volve a Redondela

derbi_o

O domingo Redondela acolle o primeiro derbi local da temporada. O regreso da SAR á Primeira Nacional permite aos afeccionados volver gozar destes partidos de rivalidade. Será o domingo, ás 12.00 no pavillón municipal da Bomboneira con aforo limitado. O equipo feminino de Honra Prata xogará o domingo en Asturias ante o Siero.

Primeira Nacional Masculina

SAR Plastic Omnium-Rodosa Chapela

Malia ser aínda o comezo da temporada, o arranque foi moi diferente para os dous equipos locais. A SAR, anfitrións do encontro, aínda non conseguiron sumar nigún punto nos primeiros partidos logo da axustada derrota na estrea ante o Saeplast Cañiza, por tan só un gol de diferente, e no pavillón do Carnes Doribeiro, onde tiveron tamén preto o empate. Pola contra os de Fran Teixeira lideran provisionalmente a táboa con dúas vitorias. O Rodosa Chapela impúxose sen problemas tanto ao Carballal como ao Luceros. Cos números a favor do Chapela e o factor cancha do lado da SAR, o encontro do domingo será de gran interese. O aforo é limitado, a reserva de entradas pode facerse por whatsapp no número 620 231 051.

División de Honra Prata feminina

Siero-SAR Rodavigo

A pasada semana non se xogou o SAR Rodavigo-Cleva, o partido quedou aprazado polos positivos detectados no persoal do Cleba. Esta fin de semana o equipo de “Chini” retoma a competición e desprázase para xogar na pista do Siero (Asturias). As asturianas están na parte alta da táboa, son 4º logo de acadar dúas vitorias nas tres primeiras xornadas. Sábado ás 18.30 no polideportivo municipal de Pola de Siero. Será sen público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará