Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol regresa Santa Mariña

FutbolSantaMariña

Despois de sete meses, o CD Choco volve á competición de Terceira División este domingo. Estrea a liga na casa, ante o Rápido de Bouzas, ás 17.00 horas. Será unha temporada marcada por un estricto protocolo Covid, con test para os xogadores e limitación do aforo en Santa Mariña, con 230 prazas para o público.

Este domingo comeza o Campionato Ligueiro e faino nun contexto diferente, nesta “nova normalidade” pola emerxencia sanitaria da Covid-19. O club leva semanas facendo un importante esforzo para adaptar as instalacións de Santa Mariña e cumprir así o protocolo establecido pola Federación e garantindo a seguridade tanto dos xogadores, como do corpo técnico e público. O presidente, Iván Crespo, explica que haberá un único acceso de entrada onde os asistentes deberán facilitar os seus datos persoais, tomaráselle a temperatura e disporán de xel hidroalcohólico para desinfección de mans. O uso da mascarilla é obrigatorio. Crespo pide a coloboración dos afeccionados para respetar tódalas sinalizacións dentro do recinto, garantir a distancia de seguridade e ocupar os asentos asignados, xa que no se permite estar de pé. eguir as normas establecidas. “Se queremos volver a ver fútbol en Santa Mariña temos que respectar as normas”

Crespo explica as medidas de seguridade e distanciamento para o público

O aforo aos partidos está limitado a 230 persoas das que terán prioridade os socios do equipo. Nos partidos de Santa Mariña os abonados poderán reservar a súa entrada para o partido desa semana, de luns a sábado no whatsapp 669 39 35 70 ou no mail comunicacioncdchoco@gmail.com cos seus datos e número de socio. Nesta primeira xornada están a recibir moitas solicitudes e confían en completar o aforo. “Nótase que hai gañas de fútbol”, sinala Crespo

O presidente, Iván Crespo, confirma que “xa había gañas de fútbol”

Esta nova temporada é “todo un reto” para o club, que verá incrementados nun 25% os seus gastos “só para facer fronte ás medidas de prevención”. Pero tamén será necesario máis persoal. A entidade debe contar por protocolo cun delegado do plan Covid, un resposable de hixiene e un delegado máis de campo. E todo iso, nun ano no que se espera unha caída dos ingresos pola limitación de aforo nos campos, as restriccións no uso da cantina e tamén un previsible descenso das empresas colaboradoras na publicidade.

O club prevé un importante incremento nos gastos para facer fronte ao protocolo Covid

Dende o club lembran que todos os que o desexen poden facerse socios ou renovar o carnet nas oficinas do club, durante toda a semana no horario de 17.00 horas a 21.00 horas. Este sábado, ao ser vísperas do primeiro partido de Liga, as oficinas estarán abertas de 16.00 a 20.00 horas e o domingo de 11.00 a 13.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará