Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home de 48 anos cando intentaba roubar nun domicilio de Chapela

ladrón

O detido, veciño de Vigo, conta con 27 antecedentes policiais e foi sorprendido cando tentaba acceder a un domicilio no Camiño das Ánimas en Chapela.  Para entrar na vivenda empregou ferramenta que roubara pouco antes noutra vivenda da Formiga.

Os feitos tiñan lugar días atrás cando un veciño do Camiño das Ánimas alertaba ao 091 da presenza dun individuo con aspecto sospeitoso manipulando a porta dunha vivenda. Unha vez no lugar os axentes observaron diversos danos no marco e na propia porta e que no chan había diversas pancas de diferentes tamaños e outras ferramentas empregadas para forzar pechaduras.

Previamente o sospeitosos tería entrada noutras vivenda, neste caso na zoa da Formiga, onde accedeu ao interior levándose as ferramentas que posteriormente empregou no seu intento de roubo.

Mobilizouse un operativo da Policía Local e nacional que lograban deter ao individuo na rúa Ponteseca. Tras identificalo procedeuse a súa detención e traslado a dependencias policiais para tomarlle declaración, onde se confirmou que o detido contaba con 27 antecedentes policiais, moitos deles por feitos semellantes. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Redondela acusa dun delito de roubo con forza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará