Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos vehículos 4×4 facilitarán ao concello o control e limpeza medioambiental

vehículos

O Concello de Redondela adquire do Fondo de Compensación Ambiental dous vehículos 4×4 destinados a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural.Cun investimento de 38.720 euros, a Xunta achega o 80% mentres que o 20% restante corre a cargo do concello.

A Concellería de Medio Ambiente recibía estes dous vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención e o control da biomasa.

Estes vehículos lixeiros con tracción as catro rodas permitirán os operarios municipais transitar por sendas estreitas para o control da biomasa e facilitar as limpezas medioambientais que se realizan nos diferentes espazos naturais do Concello . Polo que será habitual velos transitar polos camiños , sendas fluviais, forestais, zonas verdes e no entorno dos areais do municipio entre outro tipo de actividades que poidan ser precisas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará