Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica as obras na estrada do Viso “por non garantir a seguridade dos veciños”

ppestrada

Os populares cualifican de “chapuza” a obra que a Deputación está facendo na EP-2901, entre Cesantes, O Viso e Alxán. Unha obra que din “non garante a seguridade dos veciños senón que están poñendo remendos que obrigan aos peóns a cruzar dunha beiravía a outra. Engaden que o orzamento destinado para esta vía por parte da administración provincial, 140.000 euros, é insuficiente para un tramo de aproximadamente dous kilómetros.

Os deputados do grupo provincial do PP, Carmen Amoedo e Jorge Cubela, visitaron, xunto cos veciños da zona, o que cualifican de “obras chapuza” que o Goberno provincial está facendo na EP-2901.

Os populares compartiron o enfado dos veciños, “xa que esta obra non garante para nada a súa seguridade. Ao contrario, o único que fan é tapar as cunetas cun cemento malo e, ademais, non se fai en todo o percorrido, obrigando a que os peóns teñan que ir cruzando dunha beiravía a outra en zonas nas que non hai pasos de peóns proxectados”.

Nesta liña, inciden en que estas non son as medidas de seguridade que reclamaron populares e veciños ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra a principios de ano, en sendas mocións que pedían expresamente máis medidas de seguridade e construción de beirarrúas. “Isto é un mal parche, porque 140.000 euros de orzamentos son insuficientes para un tramo tan longo, de aproximadamente dous quilómetros, o que supón unha diminución na calidade dos materiais e na obra que se está facendo”, engade Amoedo.

Por último, recordan que por estes dous quilómetros de estrada circula tráfico moi pesado, e hai zonas moi perigosas nas ou ben non existe beiravía ou remata nunhas cunetas con moita altura, nas que xa máis de un veciño caeu provocándolle lesións de consideración. As únicas beirarrúas que hai están no entorno da Igrexa e, ademais, non cumpren en accesibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará