Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa “cantares” chega este domingo a Redondela con Leni Pérez

cantares

O Multúsos da Xunqueira acolle o vindeiro 18 de outubro un concerto no que descubriremos a tradición da música oral no Camiño Portugués a Santiago de Compostela. 15 temas da tradición oral recollidas nas comarcas polas que discorre o camiño que se poderán escoitar ás 18:00 horas na voz de Leni Pérez acompañada do acodeonista Roberto Comesaña. Malia ser a entrada gratuíta compre reservar praza no enderezo normalización@redondela.gal.

Leni Pérez, folclorista e intérprete, será a encargada das explicacións e tocará a percusión de man e as cancións de tradición oral recollidas no camiño. O repertorio estará composto por unha selección de 15 temas con todo tipo de cancións de tradición oral, procedente do seu arquivo privado no que leva recompilando temas dende finais dos anos 80. Cancións recollidas nas comarcas por onde discorre o camiño, sempre tendo en conta na elección o uso do galego e o non uso da lingua sexista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará