Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Míguez: “O mundo das confrarías é moi machista, non soportan que tiveramos logrado dereitos para as mariscadoras”

rita

A expatroa da Confraría de Arcade, Rita Míguez, entende que a querela que a directiva actual presentou contra ela, na que a acusan de diversas irregularidades contables, responde a incapacidade dos actuais responsables do pósito a remontar a mala situacións económica na que se atopa a confraría e tamén ao feito de que non lle perdoen os dereitos que logrou para as mariscadoras de a pé.

Explica os motivos que ao seu entender están detrás da denuncia interposta contra ela

“E un sector moi machista e aceptar que unha muller situara a confraría nunha situación envexable no económico, con 200.000 euros nas contas cando eu deixei o pósito, e que mellorara as condicións do marisqueo a pé, integrado basicamente por mulleres, é algo que non me perdoan”. Eses son os motivos que estarían detrás dunha querela que asegura carece de fundamento “todas as contas do período no que eu fun patroa están claras e aprobadas pola Xunta Xeral e a Consellería do Mar”. Neste sentido amosas tamén a súa sorpresa polo posicionamento do actual Patrón Maior “que estaba no meu equipo e nunca puxo ningún reparo aos números mentres eu fun patroa”.

Critica aos actuais responsables que malia recibir un pósito saneado eles “non sexan capaces de remontar xa que nos últimos meses experimentaron unha redución considerable de fondos chegando a perder algunha subvención”.

Está tranquila e c on gañas de defenderse no xulgado

Segue descoñecendo a existencia de tal querela nin os fundamento nos que se sustenta, polo que se sinte en indefensión ao non poder defenderse das acusacións concretas que puideran recollerse en dita querela. En todo caso asegura estar tranquila e con moitas ganas de poder defenderse nos xulgados.

Amosa tamén a súa satisfacción polo apoio que ten recibido por compañeiros e compañeiras “este ataque o único que fai e poñerme máis forte para seguir loitando e defendendo un sector marabilloso como é o do marisqueo a pé “que nos últimos dous anos en Arcade están sufrindo unha persecución durísima que xa levou a que 11 persoas presentaran a súa dimisión”. Agora confía en que canto antes o xulgado lle comunique si acepta a trámite a suposta denuncia “para poder defenderme e limpar o meu nome e a miña honra”.

Apoios entre os compañeiros e compañeiras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará