Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Ferreira: “No SD Pazos de Borbén non imos arriscar a saúde dos xogadores”

PazosPortada
Ferreira explica que o actual protocolo é inasumible para o club

Os clubs da Terceira División de fútbol sala tiñan a ollada posta no 31 de outubro como data para regresar ás pistas, pero a día de hoxe non está claro que poida comezar a liga. A situación sanitaria pola crise da Covid-19 e a obrigatoriedade de facer test a todos os xogadores e corpo técnico complica a volta á competición.

A prioridade para o club de Pazos de Borbén “é a saúde dos xogadores, corpo técnico e os seus achegados”. Por iso anuncian que non van correr “ningún risco” e que se é preciso agardar a que a situación sanitaria mellore para comezar a competición “haberá que esperar”.

O equipo que adestra Fran Amoedo retomara os adestramentos o pasado mes de setembro, despois de seis meses parados por mor da alerta sanitaria do coronavirus. Pero esta semana pararon todas as actividades. O comezo da competición, previsto para o 31 de outubro, non está claro. O presidente do club, Manuel Ferreira, explica que o protocolo establecido pola Federación Española de Fútbol Sala por mor do coronavirus é “inasumible” para o club de Pazos. A obrigatoriedade de facer dous test de Covid-19 semanalmente a todos os xogadores e corpo técnico, co gasto que supón é “imposible”, afirma Ferreira. Pero ao presidente do club máis que a carga económica o que lle preocupa é o aspecto sanitario. Advirte que os xogadores deste equipo de Terceira División son amateurs “e todos teñen as súas obrigas laborais”. Ferreira sinala que non teñen claro nos clubs “quen será responsable no caso de producirse algún contaxio ou a obrigatoriedade de confinamento”.

A SD Pazos non asumirá riscos e se a situación non muda non comezarán a liga

Polo de agora están aínda pendentes dunha nova xuntanza coa Federación Galega e a Española, que aclare o protocolo a seguir. Algúns clubs galegos anunciaron que están dispostos a comezar a competición, pero outros moitos, entre eles o Pazos F.S. non. Para Ferreira “non é serio” que a liga comece se non hai un acordo unánime de todos os equipos participantes para facelo de xeito “seguro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará