Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica o “ninguneo” do goberno local cara os Consellos Parroquias

bng

A formación nacionalistas critica que o goberno de Digna Rivas “realice actos públicos, onde se da conta de propostas realizadas polos colectivos nos Consellos Parroquiais” e afirma que a participación veciñal tense deteriorado da man deste goberno “primeiro tardaron nove meses en convocar os Consellos Parroquiais que coa escusa da pandemia non se volveron xuntar, o Consello Municipal da Muller leva un ano sen reunirse ao igual que o Consello Escolar Municipal. Pola súa banda o Consello Municipal Forestal, so se constituíu curiosamente coincidindo coas celebracións do 25 de novembro”, sinala o voceiro do BNG

 Os Consellos Parroquiais naceron da man do BNG no ano 2000 cando se aprobou o  Regulamento como órgano de participación veciñal onde se formulaban as necesidades das parroquias, e nos que o goberno municipal debe dar conta das súas propostas. Nel teñen presenza diversos colectivos como Traídas de Augas, Asociacións Veciñais, Comunidades de Montes, xunto aos representantes dos partidos políticos. Por ese motivo defenden dende o BNG que sexa neses Consello “onde primeiro se dea conta das alternativas, solucións ou propostas que afectan directamente á parroquia”. Critican así a decisión do goberno local de convocar unha reunión cos colectivos de Trasmañó para dar explicacións sobre o uso do centro comunitario construído no antigo colexio da parroquia, na vez de dar esas explicacións no concello parroquial.Neste sentido afirm o voceiro do BNG, Xoán Carlos González “non se poden cambiar as normas de participación veciñal das que nos dotamos, en función dos intereses partidistas, o lóxico é que sexa no seo destes órganos de participación democrática, onde se dea conta primeiramente de diversas actuacións que afectan ás parroquias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará