Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Trogloditas de Tanxarina regresan a Redondela

trogloditas

A montaxe protagonizada por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Andrés Giraldez baixo a dirección de Evaristo Calvo poderase ver no Multiúsos da Xunqueira este venres ás 18.30 horas con entrada de balde. O aforo é limitado e compre retirar as invitacións previamente no propio auditorio.

Miguel Borines fálanos da montaxe que este venres podemos ver no Multiúsos

Un espectáculo no que os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.

Unha actividade organizada dende a Concellería de Cultura e orientada ao público familiar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará