Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda reivindica os dereitos das persoas con enfermidade mental no Día da Saúde mental

lenda

Unha reivindicación que fan día a día pero que se intensifica neste 10 de Outubro, día no que esta data se conmemora a nivel mundial. Nun ano especialmente complicado para celebrar calquera acto público deciden trasladar a través das redes e a través desta emisora unha mensaxe na que lembran o lema elixido este 2020 para conmemorar esta data “Saúde mental e benestar, unha prioridade global”.

Ter saúde mental é un principio esencial para o noso benestar, así arranca unha mensaxe na que interveñen diferentes usuarios da Asociación Lenda, todo un referente no noso concello na atención a este tipo de patoloxías.

Os usuarios de Lenda reflexionan sobre a Saúde Mental

“A saúde mental é unha prioridade global, porque afecta a todas as persoas de mundo” con esta reflexión inciden na necesidade dun acceso universal e equitativo aos servizos de coidado e prevención da saúde mental. Unha reivindicación histórica pero que se fai máis necesaria e urxente ca nunca trala crise do Covid-19.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará