Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avalancha de inscricións no C.R. Chapela

RemoNenas_o
Julio Prado fala do elevado número de solicitudes recibidas este ano

Ao longo das últimas semanas foron moitas as solicitudes que rebiron na entidade de Chapela. O feito de tratarse dun deporte no mar, ao aire libre, e sen contacto entre os remeiros, semella estar detrás da elección de moitas familias para inscribir aos seus fillos neste deportes.

A crise sanitaria da Covid-19 e as recomendacións de trasladar as actividades ao exterior, están a levar a moitas persoas a cambiar as súas rutinas e actividades. Moitos deportes que se practican en espazos pechados están a experimentar un descenso no número de participantes, do mesmo xeito que se reduce a afluencia aos ximnasios. Noutros deportes, en cambio, como o remo, a tendencia é a inversa, con máis interés por parte dos deportistas. Julio Prado, o presidente do club, mesmo apunta que terán que organizar diferentes quendas e realizar máis tempo de adestramento no mar para dar resposta á avalancha de solicitudes recibidas neste comezo de temporada. O Club de Remo Chapela, rentemente proclamado Campión de España de bateis na categoría infantil masculina, presenta esta semana a nova temporada. Todos os interesados poden informarse no club, que ten aberta a inscrición para rapaces e rapazas desde a categoría alevín ata a senior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará