Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no centro de Saúde de Pazos “ante o desmantelamento da sanidade no concello”

mani pazos

O BNG de Pazos de Borbén convoca este sábado ás 11:30 horas unha concentración diante do centro de saúde da localidade ante a situación de precariedade da atención primaria. Denuncian que “ao desmantelamento do centro de saúde do concello, agora hai que sumarlle a decisión da Xunta de eliminar permanentemente a atención presencial de pediatra”.

Coa denominada nova normalidade post-covid as consultas estanse realizando de maneira telefónica e en caso de urxencia no  centro de saúde de Redondela, provocando o desprazamento  dos usuarios e usuarias. Dende o BNG de Pazos de Borbén denuncian esta situación “xa que non se trata de algo transitorio senón dunha estratexia premeditada para eliminar este servizo nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes”.

Lembran neste sentido que a atención da pediatra neste concello era só de dúas mañás á semana, polo que moitos dos nenos e nenas tiñan o servizo médico fora da nosa vila. O Responsable Local do BNG, Xurxo P. Besadío fai un chamamento á cidadanía para participar nestas protesta que busca “evitar que o goberno de Feijoo continúe eliminando servizos e médicos do centro de saúde do concello co beneplácito dos concelleiros municipais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará