Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela encadea cinco meses de creación de emprego

paro

O comportamento do emprego está a ser positivo na nosa bisbarra, onde o paro segue a baixar por quinto mes consecutivo. Situámonos en cifras que melloran as do pasado mes de febreiro, semanas antes de que se producira o parón económico provocado pola pandemia e que supuxo a destrución dun elevado número de empregos. A día de hoxe en Redondela son 1.643 as persoas en busca de emprego logo de que se fixeran 32 novos contratos en Setembro.

No peor momento da crise (mes de abril) eran 2.064 persoas as inscritas nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem), cifra que se foi reducindo ata as 1.643 persoas inscritas actualmente. Unha redución no número de parados que tamén se observa no municipio veciño de Soutomaior con 563 persoas desempregadas (19 menos que no mes anterior). Non hai cambios en Fornelos de Montes que se mantén con 145 persoas desempregadas e si se produce un incremento en Pazos de Borbén que contabiliza 258 persoas en busca de emprego (seis máis respecto do mes anterior).

En Galicia os datos constatan tamén un descenso no número de parados, con 377 persoas desempregadas menos, contabilizándose un total de 176.574 persoas neste rexistro.

O dato do paro de setembro, do mesmo xeito que nos meses anteriores, non inclúe aos traballadores que se atopan en suspensión de emprego ou redución horaria como consecuencia dun ERTE, xa que a definición de paro rexistrado non os contabiliza como desempregados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará