O grupo centroeuropeo Quinta Corda ofrecerá un repertorio cargado da música clásica máis popular con pezas de Vivaldi, Albinoni, Mozart e Tchaikowsky. Unha actividade enmarcada no plan O teu Xacobeo que chega aos Concellos polos que discorre o Camiño de Santiago. O concerto é de balde este sábado día 3 ás 20:30 horas.
A música clásica regresa ao templo redondelá, nesta ocasión coa actuación do grupo Quinta Corda que está a dar unha xira por Galicia achegando a súa música a cidade e vilar polas que transcorre o Camiño de Santiago. Unha actividade de balde financiada pola Xunta de Galicia e coordinada dende a asociación Peregrinos Musicais. Os asistentes poderán gozar das interpretacións deste grupo que abarca un vasto repertorio que chega dende o barro ao contemporáneo e que para o concerto do sábado elixiron as Castro Estacións de Vivaldi, Adagio de Albinoni, Divertimento de Mozart e o Lago dos Cisnes de Tchaikowsky. Uns sons que se apreciarán de xeito especial na Igrexa de Santiago ao contar cunha acústica moi axeitada para este tipo de concertos.