Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta o atraso nas obras de saneamento e pavimentación en Cabeiro

pp

Concelleiros do partido popular visitaron esta semana as obras iniciadas na parroquia e que inclúen a ampliación do saneamento no lugar do Campiño en Porto Cabeiro. Lamentan que tan só se teña iniciado unha das actuacións estando aínda pendente a obra de saneamento e pavimentación no lugar do Campiño “proxectada no ano 2018 e que tristemente aínda non está en marcha” segundo explica a que fora concelleira de obras no anterior mandato, Mª José Barciela.

A propia María José Barciela, xunto a Carmen Amoedo e Iván Crespo Rodríguez, estiveron este luns en Cabeiro para comprobar o avance dos proxectos “que deixara aprobados e orzamentados nesta parroquia o anterior Goberno municipal”.

O primeiro deles lévase a cabo no lugar do Campiño, en Porto Cabeiro para ampliar a rede de saneamento. Conta cun presuposto que achégase aos 224.000€, con cargo ao “Plan Concellos 2018”. A segunda das obras é de saneamento e pavimentación, tamén no lugar do Campiño, proxectada no ano 2018, “neste caso con cargo ao remanente municipal”, indica María José Barciela, que naquela época era a concelleira de Vías e Obras. O orzamento desta obra, “que tristemente aínda non está en marcha”, supera os 329.000€.

Lamentan que o actual goberno tardase máis dun ano en licitar estas obras que “xa deixaramos proxectadas e dotadas con máis de 550.000 euros”. Unha obras moi demandadas polos veciños e que supoñen achegar a practicamente toda a parroquia o saneamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará