Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Encontro interxeracional virtual para celebrar o Día Internacional das Persoas de Idade

maiores

O Concello de Redondela, conmemorou onte o Día Internacional das Persoas de Idade, e o fixo a través dun encontro interxeracional virtual no que persoas maiores pertencentes aos centros de día do municipio compartiron e intercambiaron experiencias con catro alumnos e alumnas do IES Illa de San Simón.

Lucía, Enrique, Valentina, Domingos e Benigno, usuarios dos Centros de Día de Redondela intercambiaron experiencias e pareceres con Elena, Antía, Martín e Adrián, alumnos do Instituto Illa de San Simón. Un encontro interxeracional virtual co gallo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores no que os de maior idade falaron da súa propia experiencia e da visión que tiñan da mocidade actual mentres que mozos e mozas expresaron a súa opinión sobre a súa vida como sector máis novo da poboación e a visión que teñen, como xente nova, dos mairoes.

Previamente  proxectouse un vídeo no Centro Cultural de Cedeira no que a alcaldesa estivo acompañada polo grupo ‘Maiores contaxiando responsabilidade” unha iniciativa do Concello redondelán que busca espallar, a través dos propios maiores, a necesidade de adoptar medidas preventivas fronte á COVID-19. No vídeo proxectado, persoas de idade ofrecían unha visión moi particular da vida, da súa experiencia e da súa propia condición de maiores.

A importancia desta actividade, que pon en contacto directo ás persoas maiores e á mocidade, era resaltada por Digna Rivas que sinalou que “Redondela precisa avanzar apoiada na experiencia dos nosos maiores e no empuxe da nosa mocidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará