Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos pon en marcha a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero “A igualdade suma”

campaña igualdade pazos

Unha iniciativa dirixida a todos os segmentos da poboación municipal e que se prolongará durante os dous próximos meses coincidindo cos actos programados polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Inclúe un photocall, obradoiros de fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado do Curros Enríquez e o proxecto “Non imos calar” destinado a previr os abusos sexuais en mulleres con diversidade funcional.

A iniciativa comprende tres tipos fundamentais de actuacións para chegar a todos os veciños do municipio. En primeiro lugar, está o “Localizador de igualdade”, un proxecto que levará varios photocall por distintos lugares do municipio para que os veciños poidan facerse as súas propias fotos apoiando a iniciativa. Os photocall colocaranse en empresas, centros sociais e puntos de encontro de todo o municipio para chegar ao máximo de veciños. Todos os participantes recibirán un pequeno premio en agradecemento á súa colaboración.

O 11 de novembro realizarase unha exposición colaborativa coas fotografías de todos os participantes. Como medida de protección ante a Covid, todas as instantáneas imprimiranse en lonas grandes para facilitar a súa desinfección regular e o seu traslado.

En segundo lugar está o proxecto “Os amores non matan”. Unha serie de obradoiros de fomento de igualdade e prevención sobre a violencia de xénero no que participarán os alumnos de 3º e 4º da ISO do CPI Curros Enríquez. Os obradoiros inclúen a realización de varios vídeos que se estrearán durante os actos conmemorativos do 25N.

Para rematar, e como principal novidade, está o proxecto “Non imos calar”. Destinado a previr os abusos sexuais en mulleres con diversidade funcional, a iniciativa comprende unha serie de talleres adaptados dirixidos aos usuarios, e a súa contorna, do centro de día de ASPAVI. Dada a situación sanitaria e o réxime de “grupo burbulla” que teñen os usuarios do centro, estes talleres realizaranse a través de internet e tamén contarán cun resumo audiovisual da iniciativa como o realizado polos alumnos do Curros Enríquez.

Neste sentido, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, comentou que “tamén é necesario traballar tamén a integración en igualdade para facer fronte ao machismo en todos os ámbitos”, recalcando que se trata da primeira iniciativa de sensibilización que conta cun programa adaptado a mulleres con diferentes tipos de diversidade funcional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará