Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jose Hermida: “O obxectivo é atraer máis nenos ao Chapela C.F. e traballar con transparencia”

Hernida
O novo presidente quere recuperar a masa social do club

O novo presidente do club de fútbol de Chapela ten as cousas claras. Hermida explica que todo o equipo directivo ten en mente como obxectivo recuperar xogadores para as categorías inferiores, e ofrecer máxima transparencia aos seus socios cunhas contas que serán xestionadas “por unha asesoría externa”. Comprométese a traballar “para devover ao club ao lugar que merece”. Pide “paciencia” á masa social do club para “poñerse ao día” con todos os trámites administrativos.

Logo de impoñerse nas eleccións celebradas o pasado mes de agosto, o equipo directivo que lidera Jose Hermida, está inmerso na preparación da temporada 2020-21. Comeza agora unha nova etapa no Chapela C.F., tras a moción de censura que en xullo relegou do seu cargo a Antonio Silva tras sete anos no cargo. O seu obxectivo máis inmediato é recuperar a masa social do club, volver ilusionar aos seus afeccionados e atrar máis xogadores ás categorías base do club. Teñen aberto o prazo de inscripción para xogadores de entre 4 e 17 anos de idade. Os interesados poden informarse nos teléfonos 638 158 721 (Fabi), 625 626 453 (Diego) ou 675 518 299 (Suizo).

Hermida comprométese a facer unha xestión “totalmente transparente” das contas

Transparencia nas contas

Explica Hermida que a situación económica que se atoparon na entidade “non é boa” e que a partir de agora traballarán para xestionar o club “o mellor posible”. Comprométese a traballar “con total transparencia”, e as contas do club serán xestionadas por unha asesoría externa. O novo presidente, vencellado ao club “de toda a vida” como xogador e adestrador, está acompañado por Jose Carlos López como vicepresidente, Xandra Saborido como secretaria, e os vogais Jose Luis Ballesteros, Óscar Fernández “Shuster”, Adrián Davila e Toni Cabaleiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará