Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aucosa asegura que o depósito de gas licuado conta con todos os permisos

aucosa

O Director de Aucosa, Roberto Casas, afirma que a instalación de gas licuado (GNL) ten unha capacidade moito menor do afirmado polos veciños (23 metros cúbicos fronte a 50), que respecta o radio de 50 metros de distancia de calquera vivenda e que conta con todos os permisos das Consellería de Medioambiente e Industrial. Nega que exista un problema medioambiental “pero si social polos cheiros que emite a empresa e que estarán resoltos en tres meses”.

A planta de gas licuado “está perfectamente legalizada”, asegura Casas quen engade que se trata “dunha instalación relativamente pequena (22 metros cúbicos) que respecta as distancias establecidas por lei ao “estar situada nun radio de 50 metros de calquera vivenda” . Amosa a súa sorpresa ante a denuncia veciñal que fala dun grave perigo para a poboación pola instalación deste depósito “non sei se os veciños están xogando a confundir ou hai ignorancia a este respecto” e aclara que non conta con autorización municipal porque o propio Concello lles trasladou que non era competente nesta materia.

Roberto Casas, director de Aucosa

Entende que detrás desta denuncia estaría o malestar veciñal polos cheiros que emite a planta “que afectan negativamente á veciñanza e que estamos tentado arranxar”. Neses sentido afirma ser consciente de que a empresa estivo moitos anos de costas aos veciños pero asegura que dende hai dous “o noso obxectivo é eliminar os cheiros para poder convivir en harmonía coa veciñanza, por ese motivo decidimos acometer unha serie de obras que non buscan ampliar senón eliminar eses malos olores”. Asume erros propios como ter iniciado as obras antes de contar coa licenza municipal correspondente o que levou a que lles paralizaran a obras durante 9 meses. Algo que xa está solucionado e que asegura lles permite acometer unha actuación que debería estar rematada a finais de ano “comprometémonos a que no inicio do 2021 os cheiros sexan practicamente imperceptibles”.

Roberto Casas insiste en que “non hai un problema medioambiental, porque cumprimos escrupulosamente a lexislacións nese ámbito” e puntualiza que os vertidos que fan ao mar son “completamente depurados”.

Comprométese a aranxar os cheiros nun prazo de tres meses

Respecto da insistencia veciñal para que se obrigue trasladar Aucosa a un polígono industrial, é unha opción que descarta “estamos nunha zona de 25.000 metros cadrados de terreo urbano industrial, contamos con todos os permisos necesarios para estar traballando aquí, o único problema é o dos cheiros e imos solucionalos en tres meses”.

Descarta que a empresa se traslade a un polígono industrial
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará