Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inauguración da exposición “Arte coma pensamento crítico” de Angel Barros

Copia de Copia de Copia de Into The Woods

O Multiúsos da Xunqueira acolle unha mostra do pintor redondelán Ángel Barros que se poderá visitar ata o vindeiro 15 de novembro. Baixo o título de “Arte coma pensamento crítico”, o artista presentará unha pintura de compromiso social a partir da escolla e reinterpretación de obras referentes na historia universal: Goya, Rafael, Delacroix, Zurbarán ou Gericault. A inauguración será este venres ás 20:00 horas e compre inscrición previa no enderezo normalización@redondela.gal

A calidade da obra, o interese histórico e o valor artístico quedarán recollidos nun catálogo impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística. Será de distribución gratuíta para conseguir, en palabras do concelleiro de Cultura Daniel Boullosa, “introducir nas casas de Redondela un anaco da historia viva da nosa vila, coma é Ángel Barros, e outro anaco que corresponde con exemplos do mellor da pintura de todos os tempos. É unha fortuna contar cun veciño coma el tanto no senso artístico coma humano”.

A exposición ocupará as dúas salas do Multiúsos da Xunqueira. Unha está dedicada á pintura e a outra a restauración, outra faceta ao cal dedicou toda a súa vida e oficio Ángel Barros.. A exposición poderá visitarse até o 15 de novembro. Ademais, dende a Concellaría de Cultura anuncia visitas guiadas polo propio Ángel Barros que precisarán de inscrición previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará