Hoxe é Luns 26 de Outubro de 2020

Redondela retoma as clases de Tai Chi

lenda

Redondela, Chapela, Cabeiro, O Viso, Reboreda e Saxamonde recuperan as clases de taichí que se viran suspendidas no pasado mes de marzo como consecuencias do decreto do Estado de Alarma. Dende o Concello lembran que estas actividade física desenvolverase respectado escrupulosamente as medidas sanitarias.

Logo de terse reiniciado as clases na modalidade ao aire libre durante este verán na Alameda de Redondela e no xardín do Multiúsos de Chapela, retómanse agora as clases nas parroquias de Redondela, Chapela, Cabeiro, O Viso, Reboreda e Saxamonde.

En canto ao lugar onde se desenvolverán as clases, poderán ter algunha modificación con respecto ao pasado ano buscando, onde sexa preciso, instalacións máis amplas que permitan garantir o mantemento da distancia de seguridade e a correcta observación das medidas de prevención e protección en materia de saúde e hixiene.

Para solicitar información ou aclarar as dúbidas que poidan xurdir, as persoas interesadas poden contactar directamente co Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Redondela a través do número de teléfono 986 402 608.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *