Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro rutas para coñecer a riqueza natural e paisaxística da Enseada de San Simón

san simon

A primeira ruta celebrarase este sábado, 3 de outubro, polo litoral de Cesantes e Soutoxuste. Tres horas de paseo no que coñeceremos a flora das dunas, a diversidade de aves que aniñan no litoral redondelá así como as particularidades da enseada e da súa formación. O percorrido sairá da praia da Punta ás 10.15 da mañá. Unha actividade de balde pero para a que é preciso inscribirse previamente. As seguintes oportunidades serán o 10, 17 e 24 de outubro

Que a Enseada de San Simón estea dentro da Rede Natural 2000 é por méritos propios, como recoñece Marcelo Rodríguez, responsable de Faia Educación Ambiental, encargado de guiar estes roteiros. A riqueza paisaxística e natural, os microecosistemas que acolle, como o de Soutoxuste, ou a diversidade de avifauna con limícolas, anátidas e ardeidas, son algunhas das características do litoral de Redondela que o fan único.

Marcelo Rodríguez, responsable de Faia Educación Ambeintal.

Coñecelo e difundir a necesidade de preservalo é o obxectivo deste programa de rutas que organiza o Concello de Redondela os catro primeiros sábados do mes de outubro. Unha actividade de balde, apta para todas as idades e que pretende ser un percorrido para difundir os segredos naturais que agocha a Enseada.

Tres horas de ruta para coñecer a biodiversidade da Enseada de San Simón

En grupos reducidos de 20 persoas, para garantir as medidas de seguridade, as rutas partirán ás 10.15 da mañá, dende a Punta en Cesantes e prolongaranse até as 13.00 horas, con varias paradas no camiño. A actividade é gratuíta pero é preciso anotarse previamente no enderezo electrónico turismo@redondela.gal, no teléfono 986 400 300 en horario de 11.00 a 14.00 horas ou na Ofician de Turismo de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará