Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ángel Barros máis crítico e reivindicativo, na Xunqueira

IMG_20201002_202514

Máis de medio cento de obras, entre cadros e instalacións, que denuncian inxustizas, as guerras e as súas consecuencias, os refuxiados, o capitalismo, a represión franquista, o deterioro do medio ambiente ou a destrución do patrimonio. Chama a reflexionar a través de pinturas universais de artistas como Rafael, Delacroix, Goya ou Zurbarán. Unha exposición que se pode visitar até o 15 de novembro no multiúsos e que o propio Barros dará a coñecer a través de visita guiadas en grupos reducidos nas mañás dos mércores e venres.

Malia ser a cuarta vez que o redondelán Ángel Barros expón a súa obra en Redondela, nunca o fixera como agora. O Barros máis crítico, máis comprometido preséntase nesta exposición “A arte como pensamento crítico” na que reflexiona sobre algúns dos principais problemas da humanidade como as guerras, os exiliados e os milleiros de persoas que cada ano morren no Mediterráneo. Unha realidade, que Barros presenta a través dun cadro do neno sirio Aylan xunto a unha reprodución de “A balsa da Medusa” de Géricault.

Artista redondelán Ángel Barros. Os exiliados e refuxiados son o punto de partida da mostra.

De aí partiu o artista e restaurador redondelán para falar doutros temas como as clases sociais e a opresión, a través do cadro de Paolo Veronese “As vodas de Caná” acompañado pola lenda “se non queres que haxa amos, négate a ser criado”. Non faltan alusións á situación política actual cun dólar coa cara de Donald Trump ou un cadro sobre a fotografía do miliciano de Robert Capa acompañado polo texto “Levamos 40 anos gobernados polo PPOE e as persoas defensoras da República aínda están nos campos, barrancos e cunetas”.

Unha mostra, que se inauguraba este venres ante medio cento de persoas, e na que Ángel Barros reivindicou a necesidade de coidar e conservar o patrimonio cultural e arquitectónico de Redondela así como a creación dun museo para difundir a riqueza artística e cultural do noso municipio que conta con numerosos representantes de prestixio no ámbito das artes e a cultura.

Destrución do patrimonio de Redondela. Ángel Barros.

Un acto no que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacaba a calidade do traballo de Barros e o orgullo que supón para Redondela. Un home, que como lembraba o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, foi autodidacta e rematou facendo restauracións de lenzos para o Louvre.

Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas
Concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa

A mostra, que tamén abarca o seu traballo como restaurador, así como reproducións e obras propias, pode visitarse no Multiúsos da Xunqueira até o 15 de novembro. O propio artista fará visitas guiadas os mércores e venres en horario de mañá. É preciso anotarse previamente na Oficina de Turismo do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará