Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Semana de amigables para o CD Choco

choco

O CD Choco segue a preparación de cara o campionato ligueiro tanto no equipo Sénior de Terceira División coma no Xuvenil División de Honra. Neste camiño ambos equipos afrontan unha semana de compromisos amigables con equipos de diferentes categorías. O equipo de Gonzalo Fernández disputará o que será o seu terceiro amigable contra o Vista Alegre Estudiantil que visita Santa Mariña hoxe mércores ás 21.00 horas. Tamén na xornada de hoxe os de Alberto Suárez desprázanse á Coruña para disputar o encontro contra un Terceira, o UD Paiosaco que se celebrará en A Porta Santa ás 20.30 horas.

O sábado, día 3, as citas serán en Santa Mariña. Na xornada matinal, ás 11.30 horas,será o equipo Senior quen saltará ao céspede para enfrontarse ao Xuvenil División de Honra do RC Celta. Mentres que o Xuvenil División de Honra xogará ás 17.00horas un encontro contra o Xuvenil de Liga Nacional do RC Celta de Vigo.

Nos encontros que se disputarán en Santa Mariña poderá entrar público pero con aforo limitado e sempre respectando as medidas de seguridade e o uso obrigatorio de máscara. Lémbrase a tódolos afeccionados que se acheguen ás instalacións redondelás que poderán  facerse socios nas oficinas do club que permanecerán abertas de 17.00 a 22.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará