Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un vehículo envorca na parroquia de Negros e os seus ocupantes danse á fuga

negros accidetnes

O suceso producíase na madrugada do martes á altura do barrio do Pregal cando un BMW que subía pola N-555, posiblemente a máis velocidade da recomendada, colidía  contra un poste e varios colectores. A consecuencia do impacto o condutor perdía o control do vehículo que acababa envorcando. Malia o brutal do accidente os seus ocupantes fuxían á carreira. Fontes próximas a investigación apunta a que o condutor sería un veciño da parroquia de Cabeiro.

A investigación en torno ao acontecido na madrugada de onte na parroquia de Negros descarta que se tratase dun vehículo roubado e todo apunta a que, tanto o condutor como os seus ocupantes, decidiron fuxir por non atoparse en condicións para ir ao volante . Este feito xunto a unha velocidade superior a permitida nesa vía, son as causas que terían provocado un accidente que deixaba o BMW envorcado na estrada tras dar unha volta de campá e con importantes danos materiais tras colidir contra un poste do tendido eléctrico e varios colectores.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local quen ao chegar atoparon o vehículo abandonado, referíndolle os veciños da zona que os ocupantes fuxiran á carreira malia estaren feridos. As investigacións están agora en mans de Tráfico quen xa tería identificado ao condutor, un veciño da parroquia de Cabeiro que estaba conducindo un vehículo dun familiar.

Un accidente que causou danos importantes tanto no tendido eléctrico como telefónico motivo polo que varios barrios da parroquia sufriron fallos na iluminación pública e problemas coa liña de teléfono. Asemade varios colectores do lixo terán que ser repostos ao quedaren inutilizables tralo impacto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará