Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manteis en galego para promover o uso do idioma na hostalaría

emrpesarios galego

O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, e a Asociación de Empresarios/as de Redondela inician esta semana a campaña “galego na hostalaría” que busca fomentar o uso do idioma tanto no sector como entre os seus clientes. Esta campaña de dinamización lingüística inclúe o reparto de 50.000 manteis dun so uso entre os establecementos que o soliciten.

A campaña está dirixida ao sector da hostalaría co propósito de fomentar a incorporación da lingua galega neste sector e dinamizar o galego entre os clientes, tanto locais coma entre os turistas. Por este motivo, repartiranse nos establecementos de restauración uns manteis de papel, dun só uso.

Haberá dous modelos: por un lado, temos as imaxes cos nomes en galego dos utensilios usados á hora de comer e, o outro modelo, correspóndese cos nomes de peixes que ultimamente son castelanizados (gallo por rapante ou sardinilla por xouba).

Os manteis, realizados polas empresas locais Maber de Chapela e Galpel de Cabeiro, terán unha tiraxe de 50.000 exemplares. Tanto o concello coma a Asociación de Empresarios encargaranse do seu reparto a todos os establecementos que o soliciten. Un material que é tamén unha axuda para o sector en tempos de Covid no que as mantelerías dun só uso forman parte dos protocolos básicos de moitos bares e restaurantes.

No acto participou a alcaldesa Digna Rivas, responsable do departamento de lingua, e Cruz Bastos, sección turismo e Gustavo Rivas, sección de hostalaría, da Asociación de Empresarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará