Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comedores escolares, sen data de apertura

comedor

As Asociacións de Nais e Pais dos centros públicos de Redondela estudan poñer en marcha os comedores escolares unha vez que Foanpas (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Vigo e Comarca) aprobou aceptar as condiciones que lles ofrece a Consellería e retomar a prestación deste servizo. Con todo, cada Anpa é autónoma e atendendo as particularidades de cada centro os posicionamentos son diversos. No caso do Colexio Santa Mariña non contemplan que o servizo arranque antes do 19 de outubro e no Outeiro das Penas en Cesantes están pendentes de reunirse cos socios para acordar unha decisión conxunta. O CEIP Igrexa en Chapela prefire non adiantar datas  porque entenden que aínda hai moito trámites por facer.

A piques de arrancar o mes de outubro as familias seguen sen contar con servizos imprescindibles para a conciliación como son o comedor escolar e as aulas matinais. Agás no Colexio de Cedeira, onde o comedor está xestionado pola Xunta e no de Laredo, cuxa Anpa se desmarcou do resto, estes servizo seguen no aire, malia que o acordo da Xunta con Foanpas supón un avance importante de cara a solucionar o tema.

De feito, a ANPA do Colexio Igrexa confía en poñer en marcha tanto o comedor como as aulas matinais canto antes aínda que non se atreven a concretar data. Si confirman que a decisión está tomada e que dependen de cuestións loxísticas e burocráticas para establecer as condicións en que se presta o servizo. Unha decisión que chega logo de que dende a Xunta se lles trasladase un protocolo específico no que segue faltando que o goberno galego estableza por escrito que eximente de responsabilidade a estas asociacións. O único que recolle é que quedarán exentas de calquera responsabilidade sanitaria sempre que se cumpran as medidas  establecidas no protocolo.

Emilia Rodríguez, ANPA Colexio Igrexa
A apertura do servizo está pendente de temas burocráticos

Na asociacións do Outeiro das Penas prefiren non adiantar acontecementos e esperar a unha reunión que teñen previsto celebrar todas as Anpas do Concello este xoves ou venres. Tamén queren coñecer cantos serán os nenos que teñen previsto facer uso deste servizo “non é o mesmo organizar o comedor para 30 que apra 60 nenos, dependerá dos inscritos que teñamos que organizar quendas ou establecer novas medidas sanitarias”.

Peor o teñen no CEP Santa Mariña. Neste caso ás particularidades do ano actual engádese unha problemática que xa viña de atrás. Non contar cunhas instalacións suficientemente amplas para albergar a todos os nenos que solicitaban este servizo. Están pendentes de que se fagan obras na Casa do mar, edificio que vai acoller o comedor e onde se instalarán ben o alumnado de Infantil da marisma ou o de primaria, que ata o de agora compartían espazo. En todo caso, descartan que o servizo estea operativo antes do 19 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará