Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do IES Illa de San Simón regresa ao centro tras acceder Educación a reforzar a limpeza

illa

A Consellería comunicaba o venres ao Instituto a súa decisión de reforzar o servizo de limpeza, ampliando as horas que realiza un dos traballadores que pasa de xornada parcial a xornada completa. Un compromiso que chegaba logo de que o equipo directivo presentara a súa dimisión e a ANPA recomendara aos pais que non levaran os fillos ao centro. O reforzo na limpeza levounos a desconvocar este chamamento e hoxe o alumnado acudía a clase con normalidade, no que é o primeiro día de actividade lectiva logo de que na pasada semana tiveran lugar as presentacións.

A Consellería de Educación accedía finalmente a unha petición do profesorado quen demandaba que se ampliara o persoal de limpeza para poder garantir a desinfección do centro e as condicións de hixiene impostas polo protocolo anti Covid. Unha demanda que xa viña de atrás pero que o director do instituto entendía imprescindible na situación actual, motivo polo que ante a falta de resposta xa presentara a súa dimisión xunto ao resto do equipo directivo.

Unha medida de presión que chegaba xunto cun chamamento dos pais e nais para que non levaran aos seus fillos ao instituto e que xurdiron efecto. O venres a Consellería comprometíase a ampliar o persoal que agora contará con dous limpiadores a xornada completa para realizar uns traballos de limpeza e desinfección que se viron notablemente incrementados neste ano.

Ramiro Armesto, director do Centro, fala do compromiso acadado pola Consellería

Ramiro Armesto amosa a súa satisfacción por esta decisión e seguirá no cargo ata non ter unha resposta da xefatura territorial sobre a súa dimisión. Hoxe tocáballe coordinar xunto ao resto dos profesores a entrada do alumnado que de xeito responsable accedía ao centro respectando as medidas de seguridade e a imperativa desinfección.

As normas sanitarias marcaron o primeiro día de clases
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará