Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos denuncia que o goberno local incumpre a normativa no uso da lingua galega

pazos castelán

O goberno municipal desprestixia a lingua galega a pesar de ser a lingua maioritaria das veciñas e veciños de Pazos de Borbén aseguran dende o BNG. Lembran que malia que no ano 2018 aprobaron unha ordenanza de impulso social do idioma galego, as publicacións nas redes sociais están sendo de maneira recorrente en castelán.

O concello de Pazos de Borbén dende o inicio do mandato estaría segundo os nacionalistas incumprindo unha ordenanza aprobada por maioría e impulsada polo propio goberno de Andrés Iglesias na que se establece que o Concello empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas, de acordo coa lexislación vixente.

Apuntan tamén que nas sesións plenarias o voceiro de Ciudadanos no concello, Manuel Ramón Conde, falta ao respecto á veciñanza ao  non respectar a lingua oficial do concello e a ordenanza aprobada no pleno e facer as súas intervencións en español.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará