Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas guiadas de balde ao cemiterio dos Eidos

visitas cemiterio

O cemiterio de Os Eidos reabría a mediados do pasado mes de agosto logo de someterse a unha profunda remodelación. Limpeza de muros exteriores e pavimentos interiores, recuperación de zonas axardinadas e elementos ornamentais así como mellora da accesibilidade que buscan facer deste espazo un referente do patrimonio no centro da vila. Para promover o seu coñecemento realízanse visitas guiadas todos os mércores, venres e sábado ás 20:30 horas ata finais de outubro. Compre inscrición previa na oficina de turismo.

A construción deste antigo cemiterio remóntase aos ano 30 do século XIX. Un camposanto que alberga estatuas e panteóns de gran valor artístico e histórico. Un lugar que conta con fosa común, na que foron soterrados 42 republicanos e tamén outras persoas de nome salientable como o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O’Dogherty, o exalcalde Telmo Bernárdez e o médico e político Alejandro Otero.

Unha vez rehabilitado dende o concello buscan poñelo en valor dando a coñecer todas as súas particularidade a través destas visitas guiadas que se celebran semanalmente, mércores, venres e sábado ás 20:30 horas. Unha actividade de balde coa guía Soledad Chayán na que é preciso inscribirse previamente na oficina de turismo no Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará