Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR cualifica de “burla” a decisión da Federación de non modificar o sistema ligueiro

SARadestramento
Aurelio Krook “Lito” cualifica de “tomadura de pelo” a postura da Federación cos clubs galegos

O club redondelán é unhas das catorce entidades galegas de balonmán, con representación en División de Honra Prata feminina e Primeira Nacional masculina, que solicitaron á Federación Española revisar o sistema de competición de ambas as categorías debido á actual pandemia. Piden evitar os desprazamentos de longa distancia, pero a Federación rexeita reunirse con eles.

Aurelio Krook “Lito”, o presidente da SAR, explica que xa enviaron a súa petición á federación o pasado 2 de setembro, e que o organismo estatal rexeita reunirse cos clubs galegos, polo que se senten “ignorados, desprotexidos e abandonados”. Krook sospeita que a negativa da Federación está só motivada por “intereses económicos”. No escrito dirixido ao presidente federativo Francisco Blázquez, os clubs indican a súa intención de non efectuar viaxes de “longa distancia”, como é o caso das illas Canarias, “xa que implica utilizar transporte en avión e dous días de estancia en aloxamentos hostaleiros”. Unha decisión que está xustificada, ao seu entender, por tratarse de deportistas amateurs “que corren o risco de ter que realizar unha corentena noutra comunidade autónoma co conseguinte gasto que supón, ademais da posibilidade de perder o seu emprego”. Como solución a esa situación os clubes galegos suxiren que a competición se divida en “microgrupos” en base á súa proximidade xeográfica. Sinalan que unha competición inicial por comunidades autónomas, mentres a situación sanitaria non mellore, “iría na liña das recomendacións sanitarias de reducir a mobilidade entre rexións”. Entre os clubs asinantes, ademais da SAR e o BM Chapela, están tamén AD Carballal, Lavadores, CB Seis do Nadal, OAR Cidade 1952, Luceros, Cañiza, Xiria e Ribeiro.

Categorías inferiores

O club redondelán retoma tamén o traballo das categorías inferiores “con todas as medidas de seguridade e sanitarias”. Entende Krook que é importante que os rapaces “volvan facer deporte” dentro desta situación de “nova normalidade”. Xa mantiveron xuntanzas informativas coas familias das diferentes categorías para explicarlles o protocolo a seguir, e agraden a colaboración do Concello de Redondela, que dotou aos pavillóns do material de desinfección, a sinalización e o material necesario para reanudar os adestramentos.

Os clubs demandan unha primeira fase de liga sen desprazamentos de longa distancia
As categorías inferiores do club comezarán a adestrar con todas as medidas de seguridade e hixiene
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará