Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco arranca a pretemporada cun amigable ante o Alondras

ChocoAdestramento

O equipo de “Gonza” comeza comeza a súa posta a punto antes do inicio de liga, previsto para o 18 de outubro. Logo de poder comezar os adestramentos grupais, o plantel vermello planifica unha serie de encontros amigables que servirán “para tomar o pulso” á nova tempada do equipo, que aínda non está pechado e que conta con numerosas incorporacións.

Sen pechar aínda por completo o calendario dos partidos da pretemporada, está confirmado que Alondras CF, Coruxo CF e Vista Alegre serán algúns dos rivais aos que enfrontará o equipo redondelán nas vindeiras semanas. Nestes partidos o corpo técnico poderá comprobar a evolución do grupo, no que teñen que irse “acoplando” as novas pezas. O primeiro partido será hoxe, ás 21.00 horas ante o Alondras CF no Campo Municipal de Santa Mariña. Celebrarase a porta pechada, para poder cumprir coas medidas preventivas contra a Covid-19. Dende o club explican que aínda non remataron as tarefas de sinalización e os controis de acceso ás instalacións, requisitos imprescindibles segundo establece a Federación para poder disputar os encontros con público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará