Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate os días festivos tras o apoio popular ao Xoves da Coca e o Luns do Cristo

O pleno debateu cales serán os festivos locais no 2021
A edil de Participación Cidadá, Susana Couñago amosa a súa satisfacción pola participación acadada
O resultado pode dar lugar a interpretacións
Un resutlado que reforza o posicionamento defendido polo grupos maioritarios

Unha consulta popular convocada pola Concellería de Participación cidadá e que non era vinculante, polo que serán os partidos políticos presentes na corporación os que decidan cos seus votos na xornada de mañá, data na que se celebra o pleno ordinario de setembro, se acatan o mandato popular ou pola contra defenden as súas propostas. En todo caso o resultado da consulta reforza a proposta dos grupos políticos maioritarios, PP e PSOE, quen defendían manter os festivos actuais fronte as alternativas presentadas por AER quen defendía que un dos festivos fora o Martes de Entroido ou o BNG, quen apostaba polo San Xoán.

A Concelleira de Participación Cidadá valora moi positivamente a participación veciñal na que foi a primeira consulta popular convocada polo Concello e que supuxo que máis de 2.200 persoas fixeran as súas achegas. Malia non tratarse dun elevado número de votos atendendo a poboación do Concello salienta Couñago que “era a primeira vez que se facía unha consulta destas características e a situación actual tampouco favorecía a participación, con todo estamos contentos e supón un punto de partida para novas enquisas que animen a cidadanía a opinar e participar en asuntos que lles atinxen”.

Lembra que o resultado, con 2.124 persoas que votaron manter o Xoves da Coca e 1.870 que apoiaron o Luns do Cristo fronte as outras dúas opcións en xogo, o Martes de Entroido con 287 votos e o San Xoán con 129, non é vinculante pero “é un resultado significativo que reforza a proposta dos grupos políticos que defendían manter os festivos actuais”.

Con todo, será o pleno de mañá o que finalmente decida que proposta sae adiante aínda que todo apunta a que non haberá novidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará