Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Promover a lectura en tempos Covid: Queres que che conte un conto por teléfono?

RR_Noticias

A Fundación Filomena Rivero Alonso e as bibliotecas de Redondela promocionan a lectura cos “Contos por teléfono”. O mércores 26 de agosto, a partir de 10.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 17.00 a 21:00 horas, contarán historias por teléfono na voz da contacontos viguesa Ana Facchini.

Aqueles que queiran participan tan só teñen que achegarse á Biblioteca Valle Inclán ou chamar ao teléfono 986 40 15 61 para incribirse e escoller a hora á que se quere escoitar o conto. Cada historia é unha viaxe diferente e hainos para todos, grandes e pequenos, porque esta actividade non ten idade “é para todo tipo de público desde os 5 aos 190 anos”. Esta iniciativa xorde da man da Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará